Actividades


Novos ollares á literatura do século XIX
29 de outubro de 2014

O vindeiro 29 de outubro desenvolverase na Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da UDC o seminario de investigación Novos ollares á literatura do século XIX, organizado polo proxecto de investigación Cronoloxíca da literatura galega (1801-1900) –dirixido pola profesora Teresa López Fernández–, o Grupo ILLA e o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.
 
Novos ollares á literatura do século XIX está dirixido a todo o profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación. Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.

Díptico 


Organización

Proxecto de investigación Cronoloxía da literatura galega (1801-1900)

Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA). Liña de investigación: literatura contemporánea galega

Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

Coordinación e dirección

Teresa López (Grupo ILLA)

Inscrición

A inscrición é gratuíta e realizarase enviando un correo electrónico a grupo.illa@udc.es

Destinatarios

Profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación.

Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.

Lugar

Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

Programa

 

29 de outubro de 2014

Hora

Sesión

10:30

Antón Figueroa (Universidade de Santiago de Compostela): A idea de campo social na análise da historia literaria galega.

12:30

Álex Alonso (Brooklyn College, CUNY): A invención do Rexurdimento: o relato nacional a través da memoria literaria.

16:30

Kathleen March (University of Maine): As literatas do XIX e a tinta invisíbel.

18:30

Xurxo Martínez (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades): Prensa e Rexurdimento: propostas metodolóxicas a propósito de La Oliva.