Actividades


Métodos e actualizacións nos estudos literarios
Febreiro - Abril, 2018

Desde febreiro a abril desenvolveranse na Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da UDC cinco seminarios de investigación baixo o título xeral de Métodos e actualizacións nos estudos literarios.

Estes seminarios están dirixidos a todo o profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación. 

 

 


Organización

Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA)

Departamento de Letras da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña

Coordinación: 

Carme Fernández Pérez-Sanjulián (Grupo ILLA)

Inscrición

A inscrición é gratuíta e realizarase enviando un correo electrónico a carme@udc.gal

Destinatarios

Profesorado, persoal investigador e persoal investigador en formación.

Certificarase a asistencia para o cómputo como horas de formación no doutoramento.

Lugar

Sala Carvalho Calero, Facultade de Filoloxía (UDC)

Programa

 

Alva Martínez Teixeiro (Universidade de Lisboa): “Práticas interartes nos séculos XX e XXI: alguns exempla brasileiros”, 1 de febreiro (16-18,30 h.)

 

Mª Pilar García Negro (Universidade da Coruña): “Literatura galega do séc. XIX: metonimia e símbolo da identidade nacional” 9 de febreiro (18,30-21 h.)

 

Luis García Soto (Universidade de Santiago de Compostela): “Saudade: tradición e innovación” , 16 de febreiro (16-18,30 h.)

 

Luciano Rodríguez Gómez (Universidade da Coruña): "Interpretación do texto e Función(s) da crítica", 20 de abril (16-18,30 h.)

 

Cristina Martínez Tejero (Centro de Estudos Comparatistas, Universidade de Lisboa): "Cánone literário, turismo e globalizaçom. Desafios culturais na contemporaneidade com Portugal como exemplo", 27 de abril (16-18,30 h.)