Actualidade


Publicación do libro ‘Xoán González-Millán: A projeção de um pensamento crítico’
Setembro 2023

A obra foi editada por Arturo Casas, Cristina Martínez e Isaac Lourido, este último membro do Grupo ILLA, e sae á luz no selo Através Editora.


Xoán González-Millán: A projeção de um pensamento crítico recolle un total de sete capítulos en que diferentes investigadoras e investigadores dialogan criticamente co legado intelectual de Xoán González-Millán, falecido en 2002 despois dunha brillante carreira na City University of New York.

Os artigos, asinados por Helena González, Álex Alonso Nogueira, María Liñeira, Arturo Casas, Pablo Pesado, Isaac Lourido e María do Cebreiro Rábade Villar, abordan algúns dos temas e conceptos máis habitualmente tratados polo autor, como as relacións entre literatura e hexemonía, a diferenza cultural, o criterio filolóxico, o nacionalismo literario ou o campo editorial galego posterior a 1975. Ofrécese, finalmente, a bibliografía completa de Xoán González-Millán.