Actualidade


Ramón Otero Pedrayo, 'Camiño de Santiago. Guión para unha película'
2018
Vigo: Galaxia

Estudo introdutorio e edición de Laura Tato Fontaíña

Biblioteca Otero Pedrayo


O volume consta dunha Introdución (48 páxinas) de Laura Tato en que se contextualiza a escrita deste guión para a Productora Suevia, de Cesareo González, en 1952; tamén se analizan polo miudo as fontes utilizadas por Ramón Otero Pedrayo así como a relación do texto co resto da obra do autor.

A edición do Camino de Santiago (90 páxinas) vai completada con  máis de 70 notas a rodapé.