Actualidade


Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica acaba de saír do prelo
3 de marzo de 2015

Está a disposición dos lectores a nova monografía da Revista Galega de Filoloxía titulada Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica, editada por Leticia Eirín García e Xoán Manuel Viñas, membros do Grupo ILLA.


Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica é o título da monografía nº 9 da Revista Galega de Filoloxía, editada polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) e o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Os responsables desta edición son a profesora Leticia Eirín García e o profesor Xoán López Viñas.

 

Este volume recolle dezasete artigos que pretenden revisar e pór ao día os últimos avances a respecto da lingüística histórica galega e portuguesa, quer sobre a gramática, quer sobre o léxico ou quer sobre a fixación textual. Estes traballos son debidos a especialistas pertencentes ás tres universidades galegas, mais non únicamente, xa que tamén se inclúen contributos de importantes investigadores e investigadoras procedenes de Portugal (Universidade Nova de Lisboa), Italia (Istituto Opera del Vocabolario Italiano) ou dos Estados Unidos (The Johns Hopkins University).