Actualidade


Leticia Eirín participa nos Encontros Filologia CLUL
17 de marzo de 2022

Presentará o proxecto Universo Cantigas, composto por varios membros do Grupo ILLA


Leticia Eirín participará no ciclo de encontros que organiza o Grupo de Filologia do Centro de Linguística da Universidade de Lisboa arredor de proxectos filolóxicos ou que tocan a Filoloxía. A membro do Grupo ILLA dará a coñecer o proxecto Universo Cantigas, que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa.

Para poder asistir ao encontro virtual “A construção de Universo Cantigas”, que terá lugar o 17 de marzo ás 12h, cómpre inscribirse neste formulario.