Actualidade


Nova sesión do ciclo 'Aula aberta'
30 de maio de 2024, 19:30 h
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º)

Romina Pereira Trillo presentará a palestra 'Xulio Sigüenza, un poeta entre a patria e a paisaxe'.


Nesta palestra recuperarase a figura  de Xulio Sigüenza (A Coruña, 1898 - Vigo, 1965), xornalista, poeta, novelista, ensaísta e membro da Real Academia Galega, e da súa produción escrita en galego, normalmente ignorada ou esquecida pola crítica e polo público. Serán analizados os poemas publicados polo autor herculino durante o período de 1918 a 1928 –en que dá os seus primeiros pasos como escritor en lingua galega e sae do prelo a primeira edición de Cantigas e verbas ao ar– a partir da exploración dos seus dous grandes repertorios: o patriótico e o paisaxístico. 
 
Romina Pereira Trillo é graduada en Galego: Estudos Lingüísticos e Literarios e en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios pola Universidade da Coruña, na que está a cursar o mestrado en formación do profesorado de educación secundaria.