Actualidade


ILLA organiza unha palestra de Mariela Sánchez na AC Alexandre Bóveda
20 de xullo de 2023, ás 19:30 h
AC Alexandre Bóveda (rúa Santo André 36, 1º)

"As nenas que non contaron: memoria e narrativa sobre experiencias de desprazamentos forzados de Galicia á Arxentina" é o título da intervención.


No ámbito da colaboración que a ILLA desenvolve coa AC Alexandre Bóveda, a palestra da Dra. Mariela Sánchez ocuparase da memoria das nenas que marcharon de Galiza cara ao outro lado do Atlántico.

Desde escritas do eu de carácter testemuñal até a ficcionalización de situacións verosímis, a narrativa mostra unha vía na que emerxen espazos para a elaboración de instancias traumáticas, estrañamento e imposibilidade de pertenenza e recoñecemento que converxen en elaboracións literarias sobre avatares atravesados, en distintos momentos do século XX, polas infancias, e particularmente as nenas que cruzaron o Atlántico procedentes de Galicia.

Mariela Sánchez é doutora en Letras pola Universidad Nacional de La Plata (Arxentina), profesora adxunta da área de literatura española na mesma universidade e investigadora do Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas (CONICET). Entre as súas liñas de investigación figuran a memoria da Guerra Civil e o franquismo, a transmisión do pasado traumático e o diálogo cultural entre España e Arxentina no ámbito da narrativa.