Actualidade


Intervención de Manuel Ferreiro no Parlamento galego
26 de setembro de 2023
Parlamento de Galiza

O membro de ILLA defendeu a iniciativa lexislativa popular para restaurar a letra fidedigna do himno.


O catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa e membro de ILLA deu voz á iniciativa lexislativa popular promovida por Vía Galega e Galiza Cultura que reunira 16.000 sinaturas.

Na súa intervención, Manuel Ferreiro explicou por extenso as incorreccións existentes na letra oficial do himno, deu conta da transmisión que explica a existencia de erros na versión actual e aduciu as razóns filolóxicas que sustentan a necesidade de restaurar a letra fidedigna do himno conforme a escribira o seu autor, Eduardo Pondal.

Despois da quenda de réplica, a iniciativa lexislativa popular foi rexeitada polos votos en contra do PSG-PSOE e do PP e contou unicamente co voto a favor do BNG.