Actualidade


A presenza de Manuel María nos estudos do Grupo ILLA
17 de maio de 2016
A Coruña

O 17 de maio, Día das Letras Galegas, está dedicado este ano ao escritor chairego Manuel María.


Manuel María (Outeiro de Rei, 6 de outubro de 1929-A Coruña, 8 de setembro de 2004) é unha das figuras centrais nos traballos de investigación levados a cabo polo Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (Grupo ILLA), tanto na súa faceta de escritor (narrador, poeta e dramaturgo) coma na de persoa comprometida coa lingua galega e co nacionalismo galego. Varios son os compoñentes do Grupo ILLA que reflexionaron, nas páxinas dos seus escritos, sobre a obra e pensamento do poeta da Terra Chá.

 

Libros

Mosquera Castro, Estefanía / Sánchez Rei, Xosé Manuel (eds.), Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), Outeiro de Rei, Fundación Manuel María, 2014, 132 pp. [ISBN 978-84-942893-1-6].

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María, Lugo, Fundación Caixa Galicia, 2007, 336 pp. [ISBN 978-84-96494-92-3].

García Negro, Pilar / Pardo Amado, Diego (eds.), Manuel María: Literatura e Nación, A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, 374 pp. [ISBN 978-84-9749-359-8].

 

 

Capítulos de libros

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "Introdución a unha estilística da lingua galega. Algúns trazos de estilo na obra de Manuel María", en G. Rei-Doval: A lingüística galega de alén mar, Universidade de Santiago de Compostela, 2009, pp. 253-271 [ISBN 978-84-9887-145-6].

García Negro, Pilar, "O teatro de Manuel María", en María Pilar García Negro & Diego Pardo Amado (eds.): Actas do Congreso "Manuel María. Literatura e acción": (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005), A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, pp. 227-250 [ISBN 978-84-9749-359-8].

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "Manuel María, adaíl e labrador do idioma", en García Negro, Pilar / Pardo Amado, Diego (eds.): Actas do Congreso "Manuel María. Literatura e acción": (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005), A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, pp. 163-184 [ISBN 978-84-9749-359-8].

García Negro, Pilar, "Epílogo Manuel María: combate contra o silencio", en García Negro, Pilar / Pardo Amado, Diego (eds.): Congreso "Manuel María. Literatura e acción": (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005), A Coruña, Universidade da Coruña, 2009, pp. 373-374 [ISBN 978-84-9749-359-8].

García Negro, Pilar / Dobarro, X. M. , "Manuel María", Gran Enciclopedia Gallega, 20, 1982, pp. 89-90 [ISBN 84-7286-172-8].

 

 

Artigos en revistas

García Negro, Pilar, "Manuel María e o teatro", Revista Galega de Teatro, 84, Cangas, Revista Galega de Teatro, 2015, pp. 29-33 [ISSN 1888-2412].

Freixeiro Mato, Xosé Ramón, "Enunciación e estilo na obra de Manuel María", Madrygal, 10, 2007, pp. 67-76 [ISSN 1138-9664].

García Negro, Pilar, "Querido Manuel María, adeus!", A Nosa Terra, 1142, 2004.

García Negro, Pilar, "Manuel María: combate contra o silencio", Creación e Innovación, 2: 17, 2004; Follas secas, 12, 1987.

 

Tese de doutoramento

Gómez Torres, Camilo, Manuel María. Poesía, actividade cultural e actividade lingüística ( Universidade da Coruña 2000 ), dirixida por Mª Pilar García Negro