Actualidade


Novo número da Revista Galega de Filoloxía
9 de marzo de 2016
A Coruña

Desde decembro de 2015 está dispoñíbel o número 16 da Revista Galega de Filoloxía, publicada polo Grupo ILLA da Universidade da Coruña.


A Revista Galega de Filoloxía (RGF) conságrase á publicación de traballos de investigación que desenvolven algún aspecto lingüístico ou filolóxico do ámbito galego-portugués, como tamén á promoción e ao coñecemento da lingua no seo da sociedade. Do mesmo xeito, serán obxecto de consideración para ser publicadas as recensións de obras que traten algún tema relacionado coa lingüística en xeral, ou coa galega e portuguesa en particular.

 

Este número 16 da Revista Galega de Filoloxía ten acceso en versión electrónica libre (mediante o sistema OJS), coa validación completa dos DOI e co e-ISSN. A partir deste número, a RGF editarase en formato papel durante uns números e continuará definitivamente en versión electrónica.

 

Inclúense artigos de Noemí Basanta, María José Carvalho, Sónia Duarte, Maria Aldina Marques, Estefanía Mosquera Castro e Miguel Anxo Solla Portela/Xavier Guinovart; e as recensións de Estefanía Mosquera Castro, Xoán López Viñas e Xosé Manuel Sánchez Rei.

 

Pode consultarse completa na seguinte ligazón: http://revistas.udc.es/index.php/rgf