Actualidade


'Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas'
9 xuño 2017
Ferrol

Publícase Fernando Osorio do Campo. Unha vida sen treguas, de Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes, XXI Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüística ou Ensaio. A investigación deriva do proxecto "Recuperación do patrimonio teatral de Galiza II (1923-1936)".


Fernando Osorio do Campo continuaba a ser un misterio para a nosa historiografía dramática. Fóra da súa participación no movimento teatral das Irmandades da Fala durante o ano 1919 -en que estivo á frente do Conservatorio Nacional de Arte Galega-, tan só chegaran a nós algúns detalles biográficos sorprendentes através da crónica vital publicada por Grial en 1971.

O presente texto achega unha ollada demorada polo fascinante percurso vital de Fernando Osorio, pola súa obra dramática completa e pola participación cultural e política do actor.