Actualidade


Presentación da revista Follas Novas
24 de abril ás 13 horas
Salón de graos da Facultade de Filoloxía

O grupo ILLA organiza a presentación da revista Follas Novas, editada pola Fundación Rosalía de Castro, coa presenza de Xosé Luís Axeitos, de Pilar García Negro e de Mª Jesús Lorenzo Modia.


Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos vén de editar o seu terceiro número, con colaboracións de destacadas investigadoras, como Mª Jesús Lorenzo Modia –catedrática de Filoloxía Inglesa na UDC–, que trata de "Rosalía de Castro e as escritoras angloamericanas do seu tempo en La hija del mar"; Anxos García Fonte –doutora pola UDC cunha tese dirixida polo prof. Francisco Salinas, colaborador de ILLA– que achega, en colaboración con Henrique Sanfiz, unha lectura de 'Si a vernos, Marica, nantronte viñeras' á luz de novos datos; Raúl Veiga, que trata do guión cinematográfico para o filme Contou Rosalía, e Ariana García González –contratada predoutoral na área de Literatura Española e doutoranda no programa de Estudos Literarios da UDC–, que recensiona a Rosalía de Castro de Luisa Carnés.

Para presentar o número 3 de Follas Novas e as liñas xerais da publicacióncontaremos coa presenza do seu director Xosé Luís Axeitos, académico de número da RAG, de Pilar García Negro, profesora honoraria da UDC, colaboradora de ILLA e membro do Consello de redacción da revista, e de Mª Jesús Lorenzo Modia, decana da Facultade de Filoloxía e colaboradora neste número.

Número disponíbel en http://follasnovas.rosalia.gal/revista/numero-3/