Actualidade


Repensar Galicia. As Irmandades da (Decembro, 2017)
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Museo do Pobo Galego

Xa está disponíbel o volume Repensar Galicia. As Irmandades da Fala, coordenado por Xusto Beramendi, Uxío-Breogán Diéguez, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Mª Pilar García Negro e Xosé Manuel González Reboredo.


Editado pola Xunta de Galicia e o Museo de Pobo Galego, este libro (749 páxinas) recolle os resultados dos traballos presentados no Simposio  "Repensando Galiza: As Irmandades da Fala (1916-2016)" que se desenvolveu no Museo do Pobo Galego durante os días 17-19 de novembro de 2016.

O grupo ILLA foi unha das institucións promotoras deste Simposio, co que se pechou a programación dedicada á conmemoración do centenario do nacemento das Irmandades da Fala.