Actualidade


Galaxia publica 'Galaicofobia'
Abril 2024

O volume é da autoría de Alexandre Peres Vigo, membro de ILLA.


Galaicofobia afonda nun fenómeno experimentado pola sociedade galega e poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. O libro presenta numerosos testemuños literarios das filias e, sobre todo, das fobias contra Galiza, a súa lingua e a súa cultura. Analízase a orixe e a evolución da galaicofobia, e dunha serie de tópicos antigalegos, crueis e ridiculizadores, nacidos na Meseta castelá. 

Este traballo é resultado da principal liña de estudo de Alexandre Peres Vigo, explorada xa na súa tese de doutoramento: o estereotipo antigalego e a galaicofobia, así como as implicacións literarias, históricas e sociolingüísticas destes fenómenos.