Actualidade


Presentación de 'A Coruña Literaria'
2 de outubro de 2023, 13 h
Facultade de Filoloxía (UDC), Sala de graos

ILLA organiza a presentación deste proxecto promovido pola AC Alexandre Bóveda.


Mª Xosé Bravo e Carmela Galego, membros da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, estarán na Facultade de Filoloxía convidadas polo grupo ILLA para presentar o proxecto A Coruña Literaria, unha proposta que pretende ir sumando xentes e vontades para poñer o foco sobre todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura.

O acto está aberto a todas as persoas interesadas en asistiren.