Actualidade


Maria Boguszewicz imparte un seminario no mestrado en Literatura, cultura e diversidade
5 de abril

A profesora da Universidade de Varsovia e presidenta da AIEG participou este venres no mestrado en Literatura, cultura e diversidade, impartindo unha sesión sobre 'O papel da escritora na sociedade actual e a literatura como ferramenta do cambio social'.


A doutora Maria Boguszewicz impartiu na tarde do venres pasado un seminario sobre  'O papel da escritora na sociedade actual e a literatura como ferramenta do cambio social' no marco do mestrado en Literatura, cultura e diversidade. A sesión integrábase na materia 'Literatura e xénero' leccionada pola profª Carme Fernández Pérez-Sanjulián.

Maria Boguszewicz é profesora da Universidade de Varsovia e na actualidade preside a Asociación Internacional de Estudos Galegos. Dentro da súa visita á Universidade da Coruña mantivo un encontro co reitor, Julio Abalde, para abordar as posibilidades de colaboración entre a AIEG e a UDC e para afortalar as relacións xa existentes entre ambas as universidades. 

A profesora Boguszewicz é especialista en Historia e culturas hispánicas e ten publicado numerosos traballos no ámbito dos Estudos galegos, especialmente desde a perspectiva de xénero.