Actualidade


Tese de doutoramento de Diego Rivadulla
30 de xaneiro ás 17 horas
Salón de graos da Facultade de Filoloxía

A próxima semana terá lugar o acto de defensa da tese de doutoramento de Diego Rivadulla Costa Novela e memoria cultural: a ficcionalización do franquismo na narrativa galega (2000-2015)


Diego Rivadulla Costa, doutorando no grupo ILLA, defenderá a súa tese de doutoramento ante un tribunal composto por Antonio Sáez, da Universidade de Évora, Ascensión Rivas, da Universidade de Salamanca e Teresa López, da Universidade da Coruña.

A tese, dirixida polo prof. Carlos Paulo Martínez Pereiro, realiza unha abordaxe sistemática das relacións entre novela e memoria cultural na produción literaria galega do século XXI. Esta tese é a primeira en abordar este asunto no sistema universitario galego.