Actualidade


Teresa López participa en "Atrévete a pescudar con elas!"
15 de febreiro ás 12 horas
Salón de actos da Domus (A Coruña)

A Unidade de Divulgación Científica da UDC, en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, organiza esta actividade con motivo do Día internacional da muller e da nena na Ciencia.


Teresa López, coordinadora de ILLA, participará xunto con María Carreiro (Grupo de Arquitectura e Urbanismo Sostíbel),  Carmen de Labra (Grupo de Neurociencia e Control Motor) e Vanessa Valdiglesias García (Grupo Diagnóstico condutual e molecular aplicado á saúde), neste acto dirixido ás familias que pretende incentivar a curiosidade pola profesión investigadora e científica en nenas e mozas.