Actualidade
A tese, titulada A crise identitaria no sistema teatral galego do século XXI: tensións entre o valor económico e o compromiso cunha identidade cultural diferenciada, foi dirixida polos membros de ILLA Laura Tato Fontaíña e Carlos Biscainho.
A defensa será realizada en modo virtual, a través da plataforma Teams.
O tribunal que xulgará o traballo está composto por Elias Torres Feijó (USC) como presidente, Carme Fernández Pérez-Sanjulián (UDC) como vogal e Iolanda Ogando (Universidad de Extremadura) como secretaria.
A investigación parte da idea de que a gradual introdución da economía de mercado no sistema teatral galego derivou nunha crise de identidade deste e aborda a análise da loita que na actualidade estabelecen os diferentes axentes que interveñen na cadea de produción do teatro, entre o valor económico dos espectáculos e a proxección social en favor da identidade cultural minorizada na Galiza.