Imaxes de 'Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués'
8 de maio de 2015
Sala Carvalho Calero
O 8 de maio tivo lugar na sala Ricardo Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña o encontro “Novas tendencias na investigación lingüística no espazo galego-portugués”, organizado e coordinado polos profesores da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, membros do Grupo ILLA.