Actualidade
O xornal coruñés informa, nunha páxina asinada por Carlos Miranda, do proxecto de creación dun roteiro dixital dedicado ao traballo muralístico de Luís Seoane en Bos Aires.
O proxecto, impulsado pola cátedra Galicia-América da Universidade Nacional de San Martín, ten entre as súas promotoras a Silvia Dolinko.
Na reportaxe son recollidas as opinións expertas de Micaela Rei, autora da tese O muralismo no conxunto da obra artística e literaria de Luís Seoane, dirixida polo Prof. Martínez Pereiro, membro de ILLA.
A Dra. Rei sinala a relevancia do traballo de Seoane no ámbito do muralismo, a súa experimentación con diversas técnicas e materiais, e lembra a necesidade de preservar e difundir toda a obra muralística de Seoane, tamén a conservada en Cervo.
Aquí pode ser lida a reportaxe completa.