Actualidade


Publícase a segunda edición d'O portugués esquecido, de Xosé Manuel Sánchez Rei
23 de febreiro de 2022

Após tan só uns meses da súa publicación, Laiovento lanza esta nova edición.


O traballo, publicado polo membro de ILLA Xosé Manuel Sánchez Rei no pasado verán, vai xa pola segunda edición grazas á súa boa acollida. A actual edición mantén os mesmos capítulos e contidos da primeira, mais valeu para mellorar algún aspecto lingüístico.

Desde ILLA parabenizamos ao autor e á editora pola recibimento do traballo.