Actualidade


Lanzamento de 'Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesas'
Febreiro 2023
AC Alexandre Bóveda (A Coruña)

O volume é un recoñecemento ao traballo académico do prof. Freixeiro Mato, membro de ILLA.


Na pasada cuarta feira 1 de febreiro tivo lugar o acto de lanzamento de Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesas nos novos locais da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Santo André, 36, 1º, A Coruña).
A obra, publicada como a Monografía 13 da Revista Galega de Filoloxía, foi pensada cal un volume de homenaxe ao excelso traballo docente e investigador de Xosé Ramón Freixeiro Mato, na actualidade profesor emérito da UDC e membro de ILLA.
O libro foi organizado e editado polo profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, que estivo acompañado no evento pola profesora Teresa López, presentemente coordinadora de ILLA.