Actualidade
A Revista Galega de Filoloxía obtén o selo de calidade editorial da FECYT
Novembro de 2025
A Revista Galega de Filoloxía obtén este prestixioso recoñecemento editorial e a mención de boas prácticas en igualdade de xénero.
A FECYT (Fundación española para a ciencia e a tecnoloxía) vén de publicar a resolución provisoria da 9ª edición do proceso de avaliación da calidade editorial e científica das revistas académicas españolas.
Segundo a información feita pública por este organismo, foron avaliadas 742 revistas, das que 71 obtiveron o selo por vez primeira e 341 o renovaron.
A mención de boas prácticas en igualdade de xénero foi obtida por 24 revistas avaliadas por primeira vez e por 143 das que optaban á renovación.
ILLA agradece o seu apoio a todas as persoas que fixeron posíbel este recoñecemento para a Revista Galega de Filoloxía.
Máis información en: https://calidadrevistas.fecyt.es/la-fecyt-publica-la-resolucion-provisional-de-la-9a-edicion-del-proceso-de-evaluacion-de-la-calidad

