Actualidade


IV Xornadas de actualización de lingua galega e literatura no ensino
13 de outubro de 2026
Sala 2.5 (Facultade de Filoloxía, UDC)

Coa coordinación de Xoán López Viñas e Cilha Lourenço Módia, ILLA organiza por cuarto ano consecutivo esta actividade especialmente dirixida ao profesorado de secundaria e bacharelato.


Na actual edición temos o pracer de contar coa participación de María Vilariño Suárez, Estefanía Mosquera Castro e Noemí García Rodríguez, profesoras funcionarias de ensino secundario e bacherelato e egresadas da Universidade da Coruña.

O programa da xornada será o seguinte:

16:30 h María Vilariño Suárez: 'Cara a onde nos diriximos?'

17:15 h Estefanía Mosquera Castro: 'Aulas sen paredes: ensino da literatura e da dinamización lingüística'

18:00 h Pausa

18:15 h Noemí García Rodríguez: 'A chave da lingua: abrir a aula á comunidade'

A asistencia é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.