Actualidade


As artes escénicas no programa Irmandiño: un proxecto inclusivo
17 de marzo de 2016
Betanzos

O profesor Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes participa no ciclo de conferencias do Anuario Brigantino en Betanzos.


O profesor Carlos Caetano Biscainho-Fernandes participa no ciclo de conferencias do Anuario Brigantino en Betanzos que leva por título Unha ollada ás Irmandades da Fala, neste ano que se conmemora o centenario da fundación da primeira Irmandade da Fala na cidade da Coruña.

A conferencia do profesor Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes titúlase “As artes escénicas no programa Irmandiño: un proxecto inclusivo” e será hoxe ás 20.30 h no Salón Azul do Edificio Liceo.