Actualidade


Abril oteriano
abril de 2016
Ourense

A Fundación Otero Pedrayo organiza en Ourense o "Abril oteriano", co gallo da conmemoración dos corenta anos do pasamento do escritor Ramón Otero Pedrayo.


Ramón Otero Pedrayo nace en Ourense, na rúa da Paz –coñecida até 1839 como rúa dos Zapateiros– o 5 de marzo de 1888 e falece na casa natal o 10 de abril de 1976, cando o reloxo da catedral ourensá daba as oito da mañá.

 

Este ano en que andamos fanse os corenta anos do seu pasamento e con tal motivo a Fundación Otero Pedrayo dedícalle un ciclo de conferencias, "Abril oteriano", que se desenvolverá os días 2, 9, 10, 16, 23 e 30 de abril no Liceo de Ourense.

 

Dúas compoñentes do Grupo ILLA da Universidade da Coruña acoden á cidade auriense para presentar os seus estudos e investigacións sobre a figura de Ramón Otero Pedrayo: Laura Tato Fontaíña e Carme Fernández Pérez-Sanjulián. A primeira presenta a conferencia titulada “Ramón Otero Pedrayo e o cinema”, o 16 de abril, ás 12,00 h. Mentres, a profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián intervén o día 23, ás 12.00 h, coa comunicación titulada “Ramón Otero Pedrayo, narrativa e identidade”.