Actualidade


Publicación no Centenario Pondaliano (Outubro, 2017)
A Coruña: Real Academia Galega

Manuel Ferreiro: Eduardo Pondal. Os cantos eran da Patria (120 poemas).

Antoloxía da poesía de Eduardo Pondal, organizada dun punto de vista temático-semántica, con edición e explicación de 120 poemas amplamente anotados. 


Esta ampla antoloxía reúne a produción (lírica e épica) máis significativa de Eduardo Pondal a través de 120 poemas, amplamente anotados e explicados. A organización da escolma é circular, e percorre ordenadamente a persoa e a poética pondaliana a través dos seus textos máis significativos e/ou de maior calidade poética.