Publicacións


Lingua e Teatro. X Xornadas sobre Lingua e Usos

Edición

Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano / Freixeiro Mato, Xosé Ramón

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-9749-588-2

Editorial

Universidade da Coruña

Data de publicación

2014

Descrición


Este volume recolle os relatorios presentados nas X Xornadas sobre Lingua e Usos, Lingua e Teatro, celebradas na Universidade da Coruña entre os días 27 e 29 de novembro de 2013. 

Estas actas reúnen un conxunto de textos que conteñen importantes reflexións a respecto do binomio lingua e teatro, con todas as súas implicacións, e que son de grande actualidade nun momento como este en que se está a debater, sobre todo no ámbito académico, sobre a calidade da lingua empregada nos medios de comunicación públicos, no ámbito político ou no humor, por exemplo. Nestes casos sempre está presente a suposta disxuntiva entre a conexión ou proximidade coa lingua popularmente falada e a necesaria preservación da autenticidade e da dignidade dun galego oral historicamente sometido a un forte proceso de castelanización.