Publicacións


Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974)

Edición

Mosquera Castro, Estefanía / Sánchez Rei, Xosé Manuel

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega
Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-942893-1-6

Editorial

Fundación Manuel María

Data de publicación

2014

Número de páxinas

132

Descrición


Ramón Otero Pedrayo (1888-1976) e Manuel María (1929-2004) foron dous homes que no século XX amosaron a súa preocupación polos problemas e polo desenvolvemento de Galiza en todos os seus eixos. Eles, alén doutros homes e mulleres, souberon equiparar a Galiza a outras nacións no plano intelectual, literario e político, a pesar de todos os impedimentos e falta de apoios cos que contaron.

Este volume ofrece primeiro unha aproximación á vida e obra de cada un deles, continúa cunha pequena introdución ás cartas editadas e conclúe coa edición dos documentos epistolares.