Publicacións


«Maktub» – Da retórica na ficção de Raduan Nassar

Autoría

Martínez Teixeiro, Alva

Liñas de investigación

Literaturas en lingua portuguesa
Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-8487-090-1

Editorial

Edicións Laiovento, Col. Vento do Sul, nº 22

Data de publicación

2006

Número de páxinas

111

Descrición


Neste ensaio, abórdase a produción ficcional do escritor brasileiro Raduan Nassar (Pindorama – São Paulo, 1935) por dous motivos fundamentais. O primeiro, de carácter estético, deriva do fascinio que esperta o extraordinario e elaborado discurso deste narrador paulista. O segundo, de carácter técnico-literario, asenta na intención de atinxir unha explicación convincente e reflectida acerca dos motivos da especial sedución que produce a venerada prosa nassariana.

O estudo afástase do hábito de que levante máis interese académico o voluntario silencio escritural do autor a partir de 1984, do que o seu propio legado literario, breve, mais de grande intensidade.