Publicacións


A pretensa nostalxia da autoridade (Unha interpretación parcelar d’ «O porco de pé» de Vicente Risco)

Autoría

Martínez Teixeiro, Alva

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega
Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-453-4350-S

Editorial

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Col. Cadernos, nº X

Data de publicación

2007

Número de páxinas

123

Descrición


Este ensaio é unha aproximación interpretativa á novela de Vicente Risco O porco de pé. Ademais de analizar a “pretensa nostalxia da autoridade”, Alva Martínez Teixeiro, percorre tamén outras claves e perfís da novela como a dimensión e matices da sátira, as características do humor, a pegada do expresionismo, a intencionalidade paródica, o particular estatuto do narrador e dos personaxes ou a cerimonia carnavalesca.

En palabras de Alva Martínez Teixeiro, “Risco reproduce, con pictórica calidade laxeiriana, a paisaxe moral e os tipos humanos do ambiente provinciano da sociedade liberal burguesa en que se criou e moveu até o estalido da guerra civil en 1936”.