Publicacións


O herói incómodo – Utopia e pessimismo no teatro de Hilda Hilst

Autoría

Martínez Teixeiro, Alva

Liñas de investigación

Literaturas en lingua portuguesa
Teatro

ISBN

978-84-9749-338-3

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’ (UDC), Serie Verde, nº 60

Data de publicación

2009

Número de páxinas

199

Descrición


A escritora paulista Hilda Hilst (1930-2004), cunha singular e diversificada traxectoria literaria, é considerada hoxe como unha das máis importantes creadoras en lingua portuguesa no século XX. Entre 1967 e 1969, coas oito pezas teatrais que son abordadas neste estudo, elaborou unha complexa e sólida escrita dramática e unha utópica e pesimista revelación artística. A Empresa, O Rato no Muro, O Visitante, O Auto da Barca de Camiri, As Aves da Noite, O Novo Sistema e O Verdugo presentan sete historias sobre figuras agudamente individualizadas en circunstancias extraordinarias, mais de inspiración real, a partir das cales a autora conseguiu revelar unha perturbadora verdade a todos os niveis, partindo do teatral até atinxir o ecuménico, do excesivamente íntimo, familiar ou, mesmo, visceralmente humano ao incognoscíbel e transcedente. Esta verdade é coroada sempre coa imaxe de Thanatos, cuxa apoteose final encontramos na súa última peza, A Morte do Patriarca, coa solución última da progresión crecente do sacrificio até o masacre do heroe incómodo.