Publicacións


«Nenhum vestígio de impureza» – Da necessidade estética na ética e na poética de Sophia de Mello Breyner Andresen

Autoría

Martínez Teixeiro, Alva

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais
Literaturas en lingua portuguesa

ISBN

978-84-8487-232-0

Editorial

Edicións Laiovento, Col. Ensaio, nº 303 / Fundação Calouste Gulbenkian

Data de publicación

2013

Número de páxinas

358

Descrición


Este ensaio estuda a obra impar de Sophia de Mello Breyner Andresen (Porto, 1919-Lisboa, 2004) que representa unha das vías posíbeis de retorno á pura necesidade intelectual de beleza, verdade e sabedoría. A través de valores como o dun dominio estético excepcional, un luminoso saber intuitivo equilibrado cunha poderosa capacidade intelectual e unha certa vontade tutelar, a representación literaria que a autora nos ofrece preséntase como fundadora dun mundo diferente, ou antes, dun sentido diferente para o mundo.

Dos xéneros diversos en que se manifesta a súa escrita, emana un certo valor arcanxélico e, ao mesmo tempo, perturbador, mais sempre luminoso dentro dunha meteoroloxía escritural variábel. Neste sentido, a esencia da poesía de Sophia deriva da esixencia de esclarecemento a partir da oposición contra calquera forma de mistificación ontolóxica e/ou moral, como a indiferenza, a alienación, a mentira ou a inxustiza.

Esta orientación conduce, necesariamente, a unha separación, a maior posíbel, da banalización do real. A posibilidade da literatura nunha civilización dominada por un estreito racionalismo conformista ou, na mellor das hipóteses, cinicamente pesimista tórnase así un problema específico da escrita da autora portuguesa que esta soluciona por dúas vías: afástase do mundo para ofrecer unha idealidade só posíbel no espazo da arte ou, nun movemento oposto, encara desde o seu propio centro a circunstancia contemporánea como única posibilidade de negala de modo fundamentado.