Publicacións


O Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galego (1967-1978)

Autoría

Lourenço Módia, Cilha

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

978-84-8487-233-7

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

2013

Número de páxinas

350

Descrición


O Teatro Circo –o primeiro grupo galego de teatro independente– desenvolveu a súa actividade entre 1967 e 1978. Neses once anos de existencia, o colectivo coruñés desempeñou innúmeras tarefas en diversos ámbitos relacionados co noso teatro e converteuse nun instrumento decisivo na restauración da dramaturxia galega durante o Franquismo e na súa posterior evolución.

Así, esta agrupación non só virou un referente nos palcos, mais tamén se ocupou nde aspectos como a formación integral dos seus membros á volta do feito teatral e o enriquecemento da literatura dramática galega –encenando textos de autores novos, reactivando pezas dos clásicos ou dando a coñecer no noso idioma obras fundamentais da dramaturxia clásica e contemporánea–. Alén diso, atendeu á pesquisa arredor das correntes teatrais máis destacadas do século XX e interesouse, aínda, pola divulgación da historia do teatro galego a través de diversas publicacións na imprensa e nas revistas especializadas.

Ademais, o Teatro Circo estivo presente, ben como organizador ben como participante, nos principais encontros teatrais que se celebraron na algura en Galiza e o Estado español; promoveu diversas plataformas asociativas no país; serviu como escola –cubrindo, aliás, un baleiro institucional– a moitos actores que formarían parte posteriormente do teatro profesional; e mantivo unha fluente comunicación cun elevado número de colectivos teatrais galegos e peninsulares.