Publicacións


Lingua, texto, diacronía. Estudos de lingüística histórica (Monografía 9 da Revista Galega de Filoloxía)

Edición

Eirín García, Leticia / López Viñas, Xoán

Liñas de investigación

Lingüística histórica e historia da lingua
Literatura medieval galego-portuguesa
Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

978-84-9749-609-4

Editorial

Área de Filoloxías Galega e Portuguesa & Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

Data de publicación

2014

Número de páxinas

393

Descrición


Este volume recolle dezasete artigos que pretenden revisar e pór ao día os últimos avances a respecto da lingüística histórica galega e portuguesa, quer sobre a gramática, quer sobre o léxico ou quer sobre a fixación textual. Estes traballos son debidos a especialistas pertencentes ás tres universidades galegas, mais non unicamente, xa que tamén se inclúen contributos de importantes investigadores e investigadoras procedentes de Portugal (Universidade Nova de Lisboa), Italia (Istituto Opera del Vocabolario Italiano) ou dos Estados Unidos (The Johns Hopkins University).