Publicacións


En castellano no hay problema

Autoría

Callón Torres, Carlos Manuel

Liñas de investigación

Sociolingüística e planificación da lingua galega

ISBN

978-84-9914-140-4

Editorial

Xerais

Data de publicación

2010

Número de páxinas

260

Descrición


Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijoo.

Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos.