Publicacións


Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela

Autoría

Callón Torres, Carlos Manuel

Liñas de investigación

Literatura contemporánea galega

ISBN

84-96403-46-7

Editorial

A Nosa Terra

Data de publicación

2005

Número de páxinas

158

Descrición


O coñecemento da obra de Lorenzo Varela, igual que o labor das exiliadas e exiliados, é crucial para comprendermos o pasado e o presente de Galiza e do sistema literario galego. Figuras como Seoane e Castelao procuraron, desde o exilio, evitar a amnesia colectiva e xestaron proxectos que, no inmediato, alimentaron a comunidade emigrada/exiliada e que tamén pretendían servir de fedatarios para o futuro na Galiza. Lorenzo Varela recupera o galego nun momento de desercións e acóllese ao programa literario de Seoane, o que o leva a reliteraturizar a historia desde as marxes sociais e nacionais. É un pioneiro na publicación da poesía de protesto.