Publicacións


Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media

Autoría

Callón Torres, Carlos Manuel

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-7824-614-4

Editorial

Sotelo Blanco

Data de publicación

2011

Número de páxinas

183

Descrición


Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), nesta obra explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo. Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase o primeiro matrimonio homosexual documentado en Galiza (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio. Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á establecida por Michel Foucault para o século XIX.

Esta obra recibiu o XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2011.