Publicacións


Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

Autoría

Callón Torres, Carlos Manuel

Liñas de investigación

Sociolingüística e planificación da lingua galega

ISBN

978-84-9914-287-6

Editorial

Xerais

Data de publicación

2011

Número de páxinas

203

Descrición


O autor proponnos que protagonicemos no día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque, tal e como el di, “os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións”.

A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos  é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual e isto centra o compromiso individual como protagonista para consquistarmos o futuro. Por este motivo, Carlos Callón ofrécenos unha guía de conduta para vivirmos en galego, chama a un consumo responsábel con oso idioma e fai un repaso moi claro por sectores dos dereitos lingüísticos que temos recoñecidos.

Como afirma o propio autor nas “Instrucións de uso”, o capítulo con que abre o libro, “queren cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara aos patíbulo. Mais a desaparición ou recuperación dunha lingua nunca é un proceso espontáneo. Podemos intervir e rectificar a situación actual”, porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.