Publicacións


Marxes e centros. Para unha socioloxía do campo cultural

Edición

Alonso Nogueira, Alejandro / Casas, Arturo / Forcadela, Manuel / López, Teresa / Malingret, Laurence / Torres Feijó, Elias

Liñas de investigación

Estudos literario-culturais

ISBN

978-84-8487-295-5

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

2015

Número de páxinas

221

Descrición


Este volume recolle dez traballos do profesor Antón Figueroa, moitos deles publicados orixinalmente en lugares de acceso non sempre doado para os interesados na súa lectura ou consulta. Na escolla, o equipo editor procurou a representatividade e o interese específicos dos asuntos abordados desde unha perspectiva actual.

Neste sentido, pode afirmarse que os textos compilados supoñen unha escolma fidedigna e cabal do pensamento de Antón Figueroa e do conxunto das súas investigacións. Neles, Figueroa regresa sobre cuestións anticipadas nos seus ensaios pero faino sempre con perspectivas anovadoras que dilatan a especificidade analizada e contrastan a súa entidade con novas conceptualizacións e novos fundamentos metodolóxicos, permanentemente sometidos a revisión e a un principio de reflexividade. Este último atinxe ante todo ao suxeito que analiza e describe a realidade social e cultural da que pretende dar conta. Como peche do volume, inclúese unha entrevista que o equipo editor mantivo con Antón Figueroa ao redor da autoanálise aplicada sen restricións cronolóxicas nin de ningunha outra índole.