Publicacións


Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval (Monografía 8 da Revista Galega de Filoloxía)

Autoría

López Viñas, Xoán

Liñas de investigación

Lingüística histórica e historia da lingua

ISBN

978-84-9749-592-9

Editorial

Área de Filoloxías Galega e Portuguesa & Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

Data de publicación

2015

Número de páxinas

528

Descrición


A presente Monografía 8 da Revista Galega de Filoloxía recolle o Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval. Trátase dunha versión corrixida e ampliada do dicionario contido na segunda parte da tese de doutoramento A formación de palabras no galego medieval: a afixación, que defendeu o profesor Xoán López Viñas na Universidade da Coruña en setembro de 2012.

O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval constitúe o primeiro repertorio lexical, contextualizado mediante corpus e centrado na sincronía galega medieval, sobre este tipo de morfemas derivativos e os seus correspondentes termos afixados. Non se trata, por tanto, dun dicionario ao uso nin tampouco dun dicionario inverso, pois non se listan os vocábulos segundo a terminación, senón que só se inclúen voces afixadas ordenadas alfabéticamente conforme o afixo, previamente descrito do punto de vista gramatical e semántico.

O Dicionario de afixos e voces afixadas do galego medieval convértese nunha nova ferramenta dentro dos estudos lexicográficos da lingüística galego-portuguesa, xa que na actualidade non existe ningún glosario similar centrado nos afixos derivativos, nin para o período actual nin restrinxido a unha sincronía pretérita.