Publicacións


Ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudo e antoloxía

Autoría

Biscainho-Fernandes, Carlos-Caetano / Lourenço Módia, Cilha

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

84-95950-14-6

Editorial

Deputación da Coruña

Data de publicación

2002

Número de páxinas

118

Descrición


Desde finais do século XIX as especiais circunstancias que teñen rodeado o facto teatral na Galiza provocaron unha percepción descontinua da súa existencia por parte dos propios implicados no seu desenvolvemento. Canto aos séculos anteriores, a total falta de datos abre unha fenda na historia dramática do país.

Os sucesivos “nacementos” aos que se ten enfrontado o noso teatro supuxeron un inxente esforzo que non puido aproveitar as enerxías de iniciativas previas. Alén disto, a dependencia do sistema galego en relación ao español impediu en gran medida a concepción da nosa dramaturxia como un todo non interrompido.

Nun contexto como o noso resulta imposíbel desvincular as manifestacións culturais –nomeadamente as escénicas– en galego da reivindicación nacional. Este volume trata de rescatar un período transcendental da nosa historia teatral protagonizado pola agrupación nacionalista das Irmandades da Fala.

Achégase, ademais, unha escolma de escenas de catorce pezas clave do período irmandiño. Entre elas, Enredos; A man de Santiña, farsada en dous pasos; Donosiña; A tola de Sobrán, comedia galega n’un acto; Alén, comedia dramática ou e O Mariscal, traxédia histórica en verso.