Publicacións


Lingua galega e literatura 4º ESO

Autoría

López Viñas, Xoán / Lourenço Módia, Cilha / María Vilariño Suárez

ISBN

978-84-9995-195-9

Editorial

Baía Edicións

Data de publicación

2016

Número de páxinas

349

Descrición


Promovido pola editorial Baía Edicións, este novo material didáctico para a materia de Lingua Galega e Literatura forma parte dun proxecto educativo máis amplo que abrangue todos os niveis do ensino secundario obrigatorio.

Este manual de 4º da ESO estrutúrase en quince unidades. As doce primeiras presentan oito bloques de contido: 1) Lectura; 2) Expresión oral; 3) Lingua e texto; 4) Léxico; 5) Gramática; 6) Ortografía; 7) Lingua e sociedade; 8) Reforzo de competencias. As tres últimas unidades están dedicadas á literatura.

1) Lectura. Textos próximos aos gustos e aos intereses do alumnado, con calidade literaria, heteroxeneidade xenérica, paridade de autores e autoras e contidos transversais.

2) Expresión oral. Práctica oral de diferentes situación comunicativas (facer suxestións, destacar unha idea, reformular etc.).

3) Lingua e texto. Propiedades e estruturas textuais tratadas mediante exemplos do ámbito cotián, de carácter formal e informal…

4) Léxico. Vocabulario temático con apoio visual. Fraseoloxía. Relacións semánticas. Formación de palabras.

5) Gramática. Funcionamento da lingua. Categorías gramaticais. Sintaxe.

6) Ortografía. Acentuación. Puntuación. Uso de determinadas letras e de palabras xuntas ou separadas.

7) Lingua e sociedade. Etapas da lingua galega desde 1916 atá a actualidade. Diversidade lingüística. Linguas en contacto.

8) Reforzo de competencias. Reforzo das competencias do alumnado mediante textos diversos que permiten traballar diferentes destrezas de modo integrado.

Literatura. Historia da literatura galega desde a época das Irmandades da Fala até a actualidade.