Publicacións


¡Mal Ollo!... Comedia de ambente mariñeiro

Edición

Ferreiro, Manuel / Tato Fontaíña, Laura

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

84-9749-113-0

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral ‘Francisco Pillado Mayor’

Data de publicación

2004

Número de páxinas

131

Descrición


¡Mal ollo!, obra de Cándido Alfonso González Tiradas (1905-1966), foi premiada no certame Castelao (1952-1953) do Centro Galego bonaerense e publicada orixinalmente en Buenos aires en 1954.

Do punto da dramática galega, a peza inscríbese no contexto do teatro musical, constituíndo un folk-drama en que se combinan elementos puramente populares de ambiente mariñeiro coa utilización do mundo mítico galego. Nesta liña, cómpre destacar a utilización de recursos escenográficos, onde a luminotecnia e o vestiario teñen un papel simbólico fundamental, que remiten a obra á tradición dramática culta do noso teatro.

Lingüisticamente, a peza responde ao período inmediato da posguerra, sen estándar idiomático firme, cunha forte vontade diferencialista e popularizante.