Publicacións


O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita)

Edición

Sanmartín Rei, Goretti

Liñas de investigación

Teatro

ISBN

84-9749-008-8

Editorial

Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor / Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña

Data de publicación

2002

Número de páxinas

204

Descrición


Este volume presenta dúas pezas do singular autor Xan da Cova: La Galiciana (1861) e María Pita (1862), entre as primeiras mostras do teatro galego do século XIX. A pesar de seren discutñibeis estes textos desde unha óptica literaria e de ocupar o seu autor un espazo secundario na literatura galega, a revisión da súa obra que Goretti Sanmartín emprende no seu pormenorizado estudo, lévanos a salientar a súa importancia como testemuño histórico e lingüístico dunha época caracterizada pola moi escasa tradición dramática monolingüe.

Para alén de La Galiciana, que xa foi editada con anterioridade, este volume recolle a peza inédita María Pita, que se desenvolve no Palacio do Gobernador de Galiza tras a vitoria conseguida en 1589 sobre o exército de Francis Drake, centrándose nas figuras de dous dos principais protagonistas deste episodio histórico, o Marqués de Cerralbo e a heroína coruñesa. Porén, o autor non perde a oportunidade de introducir unha historia de amor, conxugando así os dous temas básicos do seu teatro: os motivos bélico e amoroso.