Publicacións


"Natura das animalhas". Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguesa

Autoría

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Literatura medieval galego-portuguesa

ISBN

84-89138-31-1

Editorial

A Nosa Terra, Col. "Campus"

Data de publicación

1996

Número de páxinas

238

Descrición


Este volume ofrece unha representación gulliverizada da lírica profana medieval galego-portuguesa. Nas súas páxinas asistimos á dobre marabilla dun universo faunisticamente amoroso e mefistofelicamente satírico, habitado, entre outras moitas especies animais, por namorados paxaros, aves ou cervos, e por degradados peixes, corvos, camelos, mulos, insectos ou bestas, que descubrimos con sorpresa como homes e mulleres dun poético e fantástico bestiario.

A lectura deste ensaio pretende mover ao diálogo coas cantigas que os manuscritos intencionalmente trouxeron até nós. Permitindo así o perpetuo crecemento dunha literatura trobadoresca realizada por autores que, cada vez máis, sentimos como homes pensantes e fabricantes, como seres entregados ao soño e á paixón, ao xogo e á festa. Porque non hai dúbida de que os poetas medievais son merecedores de figuraren na nosa sensiblidade moderna polas numerosas ocasións en que se referiron con autenticiade, hai  setecentos anos, aos sentimentos, grandezas e limitacións que hoxe nos continúan acompañando.