Publicacións


A indócil liberdade de nomear. (Por volta da “interpretatio nominis” na literatura trovadoresca)

Autoría

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Literatura medieval galego-portuguesa

ISBN

84-89814-82-1

Editorial

Editorial Espiral Maior, Col. ‘Ensaio’

Data de publicación

2000

Número de páxinas

226

Descrición


Este volume trata do uso da interpretación dos nomes na nosa literatura trovadoresca: revisitar e comprender a erosión xeneralizada e o rebaixamento obscenizante que, partindo das potencialidades humorísticas e denigratorias encerradas na onomástica –que mudan a súa “interpretatio” en auténtica “damnatio”–, os nosos satiristas medievais conseguen en moitas cantigas de escarnio e maldicer. Ninguén coma eles soubo responder, tan insidiosa e xenialmente, á interrogación shakespeariana sobre o que hai baixo un nome, como se pode comprobar ao acompañarmos as cantigas burlescas aquí abordadas.

A indócil liberdade de nomear, de Carlos Paulo Martínez Pereiro, obtivo no ano 1999, o II Premio Espiral Maior de Ensaio.