Publicacións


As cantigas de Fernan Paez de Tamalancos. Edición crítica con introdución, notas e glosário

Edición

Martínez Pereiro, Carlos Paulo

Liñas de investigación

Ecdótica e crítica textual galega e portuguesa

ISBN

84-87847-13-7

Editorial

Edicións Laiovento

Data de publicación

1992

Número de páxinas

143

Descrición


Esta edición crítica do profesor Carlos Paulo Martínez Pereiro é o resultado do traballo de respectuosa restauración e rigorosa aproximación ás cantigas do trobador galego-portugués Fernan Paez de Tamalancos.

Nas súas páxinas recupérase a obra de Fernan Paez de Tamalancos como a dun poeta renovador, dentro dos padróns formais e tamáticos da escola lírica galego-portuguesa. Nese mundo convencional de ecos e repeticións moduladas que non exclúen a emoción estética, as cantigas deste home medieval privilexian a diferenza, nunha expresión poética que percorre con rigor e precisión a afirmación reiterada do amor, a frustración agresiva do desamor e a ironía mordaz da invectiva.